#Intrusas, work in progress, unha proposta viva que medra no tempo, procuroulle a Pais o primeiro premio na última edición do certame para novos artistas co que desde 2002 o Auditorio de Galicia nos adianta bianualmente a arte que vén.

Co seu proxecto, a artista compostelá dá visibilidade á exclusión social e á criminalización colectiva que sofren as mulleres musulmás, convidándonos, ao mesmo tempo, á reflexión conxunta e a xerar novos lazos.

Temos ata o 25 de setembro para achegármonos ata a sala Isaac Día Pardo e emocionarnos co traballo de Mery Pais e coa obra dos corenta creadores seleccionados polo xurado do Noveno Premio Auditorio de Galicia para novos artistas. Un fermoso percorrido pola fotografía, o debuxo, a pintura, a escultura, as instalacións, as videoinstalacións e as performances que confirman a boa saúde da arte en Galicia.

A que idade soubeches que qeurías ser artista? Lembras cando, a quen e como o anunciaches?

Fixen a miña primeira exposición con cinco anos, así que non lembro un tempo no que non fose artista. Recórdome a min mesma, sendo moi cotiviña, pintando no obradoiro da miña nai, que tamén é artista (Mery é filla da creadora María Xosé Domínguez). Ao estar sempre rodeada de arte, non houbo un momento concreto no que anunicase que quería ser artísta.

En Compostela a arte está viva ou Compostela máis ben vive da arte?

Compostela é uhna cidade dinámica, na que se sente e se vive a arte.

É belas artes, entón, unha materia pendente para a capital galega?

Non! Existindo unha Facultade de Belas Artes en Pontevedra, non vexo a necesidade de ter unha facultade en Santiago, nin tantas como hai por toda España. A facultade de Pontevedra é moi boa e ten todos os medios precisos.

Como se recibiu entre os teus a decisión de marchar estudar Belas Artes a Tetuán? O choque cultural foi un aliciente ou un obstáculo, ou ambas as dúas cousas?

Na miña casa aceptárono de bo grado. De feito, foron eles os que me animaron a tomar a decición, pensando que eu estaría ben se facía o que sentía que debía facer. Son moi aventureira e naquel momento sentía a necesidade de vivir a experiencia de Marrocos, así que elexín estudar a carreira en dous idiomas novos e nunha facultade con menos recursos! Desde logo, o máis complicado foi o choque cultural do meu primeiro ano, cando pensei incluso en abandonar, pero ao final ese choque resultou a cuestión máis gratificante. Chegar a sentir que todos somos en realidade iguais e o preto e o lonxe que estamos uns dos doutros foi parte do proceso. A adaptación foi complicada, pero superar o reto permitiume ter o que agora teño.

A Paul Bowles, Yves Saint-Laurent ou Claudio Bravo cativounos a beleza de Marrocos que reflectiron na súa obra. No teu caso, foi amor a primeira vista?

Si. Desde a primeira viaxe que fixen, quedei namorada das súas cores, da súa intensidade, dos arrecendos e dos seus fortes contrastes. Foi o que me atraeu para lanzarme á aventura de marchar a vivir allí.

Mery Pais Artículo Prensa Coralia

As cores, a luz, os aromas, os sons de Marrocos, que lle achegan á túa obra?

Morrocos é un país de contrastes, ou é branco ou é negro, arrecende ben ou cheira moi mal, e a xente é moi rica ou moi pobre. Estar no medio de todo, podendo apreciar todos os seus contrastes, faiche ver o mundo desde outra perspeciva. Que como afectan estes estímulos á miña obra? Máis que nas cores, eu penso que me inflúen no concepto do contraste.

E as cores, a luz, os aromas, e os sonos de Compostela?

Eu nacín no casco vello e vivín toda a vida no casco vello. Compostela encántame! De feito, quedo moltísimas noites na Quintana a escoitar as campás, a soas. A Quintana é o recuncho de Compostela co que máis me identifico (sopra), pero a cor de Compostela é gris, por iso me gusta viaxar, para empaparme doutras cores e traerllas a Compostela na miña obra.

Entre Tetuán e Compostela hai semellanzas ou o atractivo está nas diferenzas?

Hai moltas semellanzas. Cando marchei pensaba que marchaba ao sur e, ao final, marchei a outro norte! Tetuán non é gris, é branca, así que está na mesma gama. É unha ciudade moi branca na que chove moito. Ten un clima semellante e tamén ten moita vexetación. Porén, ofrece o contraste dos ceos, dos aromas, do idioma, do bullicio. Aquí, agás no Apóstolo, non ves tanta xente nas rúas!

No ámbito público, quen fai máis e quen fai menos por destruir prexuízos? A arte é unha boa maneira de enfontarse ao temor ao diferente?

Eestamos moi condicionados pola imaxe que transmiten os medios de comunicación, pola televisión coméndonos a cabeza todo o día (suspira). É unha loita de minorías. A xente non está mentalizada na loita contra os prexuízos e a arte é o medio co que podo combater isto e traballar para que cada vez máis xente tome conciencia da realidade.

Desde 2015 estás a desenvolver un proxecto fermosísimo no Museo Thyssen. Que é Nos+ Otras: En Red?

Nos+ Otras: En Red é un proxecto no que colaboran o Museo Thyssen e a Rede Museística de Lugo, que nos permite traballas con mulleres en risco de exclusión social. Paula Cabaleiro, Monica Mura, Paura Noya e mais eu xeramos obradoiros nos que a creatividade nace do diálogo coa colección do museo. No meu caso, do diálogo cunha obra de Maigret xurdiu unha performance.

Hai una arte feminina ou é unha etiquea dos medios?

Traballo como muller, traballo con mulleres e o traballo que esou a facer agora vai ser só para mulleres (sorrí), asíq ue eu diría que si! Hai unha arte feminina!

Os teus soportes favoritos son a fotografía, o video e as instalacións. Cara a onde vai a arte e cara a onde vai a artista?

É complicado. Penso que a arte se preocupa cada día máis por chegarlle á xente, por facela partícipe, ou polo menos é o que me gustaría que ocorrese, porque creo na capacidade da arte para cambiar o mundo! Pero eu non sei cara a onde vou eu, non sei onde vou acabar! A min, lévame o vento!

Redactora: Sabela Fernández
Fuente: Coralia, Revista Compostelá de Tendencias. Número 3 – Verano 2016.